Skip to main content
Cospeito

Muimenta acolle unha proxección polo 8M

Por 10 Marzo, 2023Sin comentarios

Con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, a casa da cultura de Muimenta acollerá hoxe, venres, a proxección do mesmo documental que se viu o na Feira do Monte o mércores.

Será ás 21.00 horas, e consiste na presentación do proxecto Libres e diversas: xuntos é mellor, un proxecto audiovisual do Concello de Cospeito polo 8M.

Tomar conciencia da relevancia que ten traballar a igualdade de xénero nas aulas, entre a adolescencia e xuventude, dentro das familias e dende as administracións é o fin de Libres e Diversas “porque cremos firmemente que traballando xuntos de maneira transversal, é mellor.”

A organización do acto para a proxección realízase en colaboración coa Asoc. Aquilino Iglesia Alvariño Muimenta.