Skip to main content
Cospeito

Pozomouro organiza unha plantación de árbores de ribeira en Muimenta

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

O colectivo Pozo Mouro ten previsto para este domingo 19 de marzo, unha plantación de árbores de ribeira na área recreativa Ribas do Miño de Muimenta, onde o colectivo celebra o seu festival cultural no mes de agosto.

Á actividade desenvolverase dende as 10.00 horas e ten o obxectivo final de manter este enclave natural.

Poderán participar nesta acción todas as persoas que o desexen.

O colectivo Pozo Mouro celebrará o festival o próximo 19 de agosto nesta mesma contorna na que será a terceira edición.