Skip to main content
Cospeito

O centro de día de Cospeito acolle hoxe un recital poético de Martiño Maseda

Por 21 Marzo, 2023Sin comentarios

O centro de día de Cospeito acolle hoxe unha actividade con motivo da celebración do Día da Poesía, organizada pola Rede de Centros de Atención aos maiores da Xunta.

Así, o poeta Martiño Maseda fará un recital de poemas co acompañamento musical de Luís Teixeiro.

Será no centro a partir das 16.00 horas e estará aberto ao resto da veciñanza.

Trátase dunha acción de animación ao colectivo de maiores que son usuarios deste centro.