Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol fará en abril un curso de informática para maiores

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol organiza unhas sesións de informática para maiores que se desenvolverán a partir do 5 de abril.

Trátase de sesión nas que se darán as nocións básicas para desenvolverse na nova tecnoloxía con adaptación ás persoas maiores.

As clases terán lugar todos os mércores de 16.30 a 19.30 horas no propio Concello.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse antes do 29 de marzo a través do correo cultura@concellodefriol.es.