Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle este mes obradoiros de saúde e de coidados

Por 1 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz acollerá, desde o mes de marzo, os obradoiros de saúde e coidados da Escola Galega de Saúde Para Cidadáns, un ente dependente do Sergas e orientado á formación da cidadanía.

Así, a través desta modalidade, levaranse a cabo dous cursos ao mes na Casa Habanera, sempre ás 17 horas, durante todo o ano. Os primeiros serán o de Primeiros Auxilios (martes 7 de marzo), dirixido á cidadanía en xeral e orientado á atención inicial en situacións de urxencia, e o de Seguridade no Fogar (venres 17 de marzo), tamén aberto ao público en xeral e no que se tratarán pautas para mellorar a seguridade no fogar, as caídas, novas tecnoloxías para a seguridade…

As inscricións deben formalizarse neste enlace antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.