Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz será sede do XVII Encontro de Vilas Termais en 2024

Por 12 Marzo, 2023Sin comentarios

Guitiriz converterase, no 2024, na sede do XVII Encontro de Vilas Termais. O anuncio coincidiu coa reapertura, este ano, do balneario, un espazo con máis dun século de historia e de gran importancia para o municipio.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, participou, esta semana, no encontro deste 2023, que tivo lugar en Arnoia.

A Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais, constituída no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) reuniuse en Arnoia os días 9, 10 e 11 de marzo para debater os temas de interese das Vilas Termais.

Durante estes días, expertos profesionais nacionais e internacionais, alcaldes de municipios termais e outros representantes políticos de toda España, compartiron unhas xornadas de traballo e reflexión orientadas a potenciar e consolidar a marca Vilas Termais. Experiencias turísticas de éxito destinadas a poñer en valor diferentes destinos termais, xunto a algunhas das últimas iniciativas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do Turismo de Saúde e Benestar a través das augas minerais e termais serán, entre outros, os temas que vertebraron este encontro. Como punto de partida algunhas Vilas Termais de Europa expuxeron como o termalismo foi e é determinante na súa historia, a súa cultura e a súa economía.

Onte a Sección de Vilas Termais celebrou a súa Asemblea anual onde se aprobaron as actividades para os próximos meses.