Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz retoma o mércores os Xogos da Primevera

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca municipal Casa Habanera, lanzan os II Xogos da primavera, unha actividade que naceu o pasado ano co obxectivo de promover a relación interxeracional entre os maiores e os nenos do municipio.

Farase a través de actividades lúdicas, que permitan estimular a recreación, comunicación e socialización entre os maiores e os nenos, revalorizar os xogos do onte, promovendo a participación activa das persoas maiores no ensino dos mesmos, e facilitar a inclusión dos xogos actuais como ferramenta de interacción entre nenos e adultos.

Levarase a cabo desde o 22 de marzo, cambiando de data para os mércores, de 16 a 18:30 horas. Os xogos que se levarán a cabo son: Xogo da rá, mariola, buxaina, corda, tres en raia, chapas ou xadrez. Os primeiros 20 participantes levarán un agasallo.