Skip to main content
Guitiriz

Parganonsedivide abordou a representantes de transportes para falar dos proxectos de variantes de Adif

Por 18 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

A problemática dos pasos a nivel de Parga estivo presente na sinatura do convenio para a estación Intermodal, que tivo lugar en Lugo.

Antes de comezar o acto, representantes do colectivo Parganonsedivide pudieron “abordar” amistosamente ás autoridades para facerlles entrega dun dossier de 84 páxinas onde expoñemos a problemática que temos en Parga cos diferentes proxectos de supresión de pasos a nivel que dividirían o pobo. Así mesmo, pecha este dossier a proposta de variante que presentaran no seu momento.

David Lucas, secretario de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana; a presidenta de Adif, María Luisa Domínguez; a alcaldesa de Lugo e presidenta de turno do Eixo Atlántico, Lara Méndez, e a conselleira de Infraestructuras e Movilidade da Xunta de Galiza, Ethel Vázquez, atenderon as breves explicacións e David Lucas e Lara Méndez recolleron candansúa copia do dossier, asegurando que o estudarían.

“As máximas autoridades en Infraestruturas do País e do Estado poden coñecer, a nosa problemática e as nosas propostas”, dixeron dende o colectivo.