Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz abre en Pígara un ciclo de concertos polas parroquias

Por 22 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz dá inicio ao ciclo de concertos Musiqueando, unha iniciativa que achegará ás parroquias de Guitiriz concertos a cargo das agrupacións musicais.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, xunto ao director da Banda Municipal e Escola de Música, deron a coñecer este programa, que ten como principal obxectivo difundir e poñer en valor o labor que desenvolven durante todo o ano as agrupacións musicais do concello, así como acercar a música á cidadanía e ir acostumando ao alumnado, pais, nais e resto dos veciños e veciñas a aproximarse á música en vivo.

Participarán: a banda municipal de música, escola de gaitas municipal e a UNED Sénior A Coruña/Guitiriz. A primeira parada é na Escola de Pígara, o día 31 de marzo, as 20:30 horas.