Skip to main content
Guitiriz

Entrega de material disruptivo na Aula CeMIT de Guitiriz

Por 25 Marzo, 2023Sin comentarios

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ven de facer a entrega de tecnoloxías avanzadas (material disruptivo) á Aula CeMIT do Concello de Guitiriz. A alcaldesa Marisol Morandeira, foi  a que fixo entrega deste material a axente TIC do Concello para levar a cabo formación na aula.

O material recibido foi: unha impresora 3D, un kit de consumibles, un equipo de robótica, drones, gafas de realidade virtual, controladores e un kit de placas de comunicación e programación que se empregarán para desenvolver novas actividades formativas nna Aula CeMIT do concello.

O Concello de Guitiriz está adherido ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT, que ten como obxectivo dotar ás ditas aulas de material tecnolóxico punteiro para acadar unha experiencia formativa plena; reformar as aulas acorde ás últimas tendencias didácticas e tecnolóxicas; potenciar a formación adaptada ao marco galego e europeo de competencias dixitais e intensificar a presenza das aulas no rural e reforzar os servizos dixitais.