Skip to main content
Muras

Muras celebrará o 27 de maio a Romaxe Artesá da Chaira

Por 9 Marzo, 2023Marzo 10th, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras ten previsto celebrar o día 27 de maio a sétima edición da Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

No cartel que fixo pública a organización xa se coñecen algunhas das actuacións previstas para esta cita cultural. Así, contarán con Luar na Lubre, Caamaño&Ameixeiras e Uxía Lambona.

O Concello aínda está perfilando a programación, na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores, agás no 2020 cando non houbo pola pandemia.

Polo de pronto, haberá exposición de artesanía, xogos tradicionais e demostracións en directo dos diferentes artesáns. Tamén está previsto celebrar obradoiros para adultos e tamén para nenos, buscando novamente evitar aglomeracións.