Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei contará cunha xornada de inchables deportivos

Por 6 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 10 de marzo a xornada Móvete con equilibrio, de inchables deportivos, unha xornada de actividades físico–deportivas con inchables deportivos como táboa de surf, pista americana, rocódromo etc. Movemento con equilibrio para desenvolver habilidades motrices (desprazamentos, xiros, saltos, trepa…).

Esta actividade terá lugar no pavillón municipal dos deportes de 16:30 a 19:30 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos e a inscrición estará aberta ata cubrir as 120 prazas dispoñibles.

A actividade é gratuíta; para asistir é preciso anotarse a través do código QR que aparece no cartel anunciador ou na páxina web corresponsables.usc.gal, onde tamén poderán obter máis información. O prazo de inscrición está aberto ata o propio 7 de marzo.