Skip to main content
A Pastoriza

O club de lectura Entre Liñas presenta un libro de Luca Chao

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Luca Chao visitará o club coincidindo coa celebración este mes do 8M.

Será o sábado 18 de marzo, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escritora de Feminismo en cen palabras.

Luca Chao é licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento cunha tese sobre a Lei da Memoria Histórica e a participación política dos descendentes do exilio republicano español. Na X lexistatura do Parlamento de Galicia foi deputada e voceira do seu grupo parlamentario.

Traballou como investigadora e docente nas Universidades da Coruña e Santiago e colaborou con numerosos proxectos de investigación centrados en cuestións vinculadas coa participación política, as migracións internacionais e o xénero. Actualmente exerce labores de consultoría para o sector público e colabora con varios medios escritos.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.