Skip to main content
A Pastoriza

Reigosa celebra a fin de semana as súas festas

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

A localidade de Reigosa, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Xosé.

Estas darán comezo o sábado 18 coa sesión vermú, ás 14.00 horas, a cargo do trío Manhattan, que tamén estará na verbena a partir das 22.00 horas xunto ao dúo Estrellas.

O domingo haberá misa solemne ás 13.45 horas e sesión vermú co dúo venus para poñer o punto e final á festa.