No Fogar de Maeloc da casa da cultura pastoricense terá lugar este mércores, ás 19.30 horas, unha proposta creativa da Pequena Compañía de Nenos Enormes que presentan Dramón na Pastoriza. Este colectivo fai parada na localidade na súa xira de despedida.
A continuación, ás 21.00 horas, terá lugar un coloquio sobre o libro Decrecimiento y colpaso, do profesor da facultade de Ciencias Políticas Carlos Taibo, quen tamén estará nesta sesión.
Finalizarán a noite cunha cea colectiva.
