Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza acolle un novo curso de poda

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, en colaboración co Concello da Pastoriza, organiza un curso de poda que terá lugar este sábado, 18 de marzo, no local social de Pousada.

Este curso desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Os cursos son grauítos e as persoas interesadas poderán realizar a inscrición no teléfono 982 33 2197 e preguntar por Mariluz.