Skip to main content
A Pastoriza

Convocada unha andaina para este sábado na feira da Reigosa

Por 22 Marzo, 2023Sin comentarios

Dentro do plan de recuperación da feira da Reigosa todos os últimos sábados de mes, a asociación organizadora convocou para este día 25 unha andaina polos diferentes barrios de Reigosa coa fin de promocionar a nosa contorna máis próxima desta parroquia pastoricense.

A saída será do centro sociocultural, ás 10.30 horas, e ten unha duración aproximada de 1 hora e media con dificultade  baixa.

A inscrición ten un prezo de 3 euros e ao rematar haberá uns pinchos de balde para todas as persoas que participen nesta actividade.