Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acolle unha xornada o sábado sobre emprendemento feminino

Por 22 Marzo, 2023Sin comentarios

A Asociación de Montes e Vales Orientais ofrecerá o sábado 25 de marzo en Pol unha xuntanza co título Mulleres do territorio en rede, para avanzar na elaboración dunha estratexia Leader de desenvolvemento local que teña en conta tamén ás mulleres.

Será unha xornada de intercambio e convivencia con mesas de diálogo, networking, unha comida de traballo e unha visita cultural. O obxectivo é buscar solucións e facer propostas para incentivar o emprendemento.

Esta sesión terá lugar na Casa Chaín de Pol, de 10:00 a 18.00 horas, á que se sumará unha actividade cultural ás 18.30 horas.

Para participar é necesario anotarse no 659 27 57 43 ou no email montes.vales.orientais@gmail.com.