Skip to main content
As Pontes

Presentación de dous libros de María Isabel Cagiao nas Pontes

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

A biblioteca das Pontes acolle o venres 10 de marzo, ás 20.00 horas a presentación dos libros Gomets I e II, obras da escritora nóvel María Isabel Cagiao Branco.

Trátase de dúas obras que narran a historia dunha nena chamada Bely que crece nun pobo pequeno e insignificante de Galicia, nuns tempos onde abundan os medos e incertezas. Ela, xunto coa súa contorna, vaise transformando rodeada de segredos, misterios e enganos, sempre coa sincera amizade e o máis fervente amor por bandeira.

Millóns de aventuras e desventuras entrelazadas en distintos lugares máxicos con personaxes moi peculiares e diferentes. Todos conviven en eses belas paraxes coas súas medias verdades e medias mentiras. Un relato como a vida mesma, ou talvez inventado.