Skip to main content
As Pontes

As Pontes estrea o día 1 de abril o Día das Persoas Maiores

Por 17 Marzo, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes celebrará, o sábado, 1 de abril, o primeiro Día das Persoas Maiores.

Trátase dunha xornada de convivencia, dirixida á veciñanza maior de 65 anos do municipio, a través da que o Concello busca fomentar a a relación entre a veciñanza das diferentes parroquias e lugares da vila, “un lugar de encontro no que as persoas maiores das Pontes terán todo o protagonismo, recoñecendo o seu papel na sociedade pontesa” apuntan desde a Concellería de Benestar Social.

O encontro celebrase, a partir das 13:00 horas, no Pavillón Polideportivo Monte Caxado e as persoas asistentes compartirán un xantar popular (de balde) e poderán gozar con actuacións musicais e espectáculos de humor en directo. A xornada rematará cun baile.

Poderá participar a veciñanza, a partir de 65 anos, empadroada na vila e no caso de parellas será suficiente que una das dúas persoas cumpra con este requisito. Será preciso inscribirse, previamente, ata o día 29 de marzo, no número de teléfono 667 12 93 25 (de 09:00 a 14:00 horas) ou no número de teléfono 673 20 04 85 (de 17:00 a 19:30 horas).