Skip to main content
As Pontes

Un 300 atletas participarán na Carreira Pedestre de San Xosé este domingo

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

Máis de 300 atletas, procedentes de toda Galicia, participarán o domingo, 19 de marzo, na XXX Carreira Pedestre de San Xosé, unha proba organizada polo Concello das Pontes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e que se realizará de forma conxunta co Campionato Galego 5k en ruta.

A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e que discorrerá por nun circuíto urbano homologado, comezará ás 11:00 da mañá coas categorías escolares que terán que correr, 75 metros no caso da sub categoría biberón mentres que as categorías sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 deberán dar entre unha e catro voltas a un circuíto, pechado ao tráfico, duns 430 metros, aproximadamente, que transcorrerá entre a Rúa 8 de Marzo e a Rúa A Xanela.

As categorías absolutas (sub 18, sénior, máster 35, máster 45 e máster 55) tomarán a saída ás 12:00 hora para recorrer un trazado de cinco quilómetros que pasará, entre outras, pola Rúa 8 de marzo, Sergio Rivera Chao, Avenida de Galicia, Avenida da Habana, e a Rúa Celso Emilio Ferreiro para regresar á Rúa 8 de marzo.

Todas as persoas participantes na categoría biberón recibirán unha medalla e haberá medalla para os tres primeiros clasificados (masculino e feminino) das restantes categorías escolares.

No caso das categorías absolutas haberá premios metálicos (300, 200 e 100 euros) para os tres primerios clasificados da clasificación xeral absoluta (masculino e feminino) e recibirán un trofeo deseñado pola Asociación Amigos da Madeira das Pontes mentres que os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías que integran a categoría absoluta recibirán unha medalla.

Haberá tamén un premio ao mellor pontes e a mellor pontesa consistente nunha cesta de produtos locais así como unha medalla.

Desde o Concello das Pontes animan a veciñanza a sumarse a esta gran festa do deporte, e acompañar aos atletas ao longo de todo o percorrido e lembran que o sábado 18 de marzo, desde ás 22:00 horas hasta o domingo, 19 de marzo, ás 14:00 horas permanecerán pechadas ao tráfico a Rúa A Xanela e a Rúa 8 de marzo, entre a intersección coa Rúa Rego do Campo e a Rúa A Xanela.

CAMPIONATO GALEGO

No campionato galego están inscritos 170 deportistas, destacando a presenza de varios dos campións autonómicos. Entre eles, os e as que aspiran a revalidar o título é a campioa galega absoluta Tina Fernández, do Atletismo Sar, e Víctor Xosé González, de Comesaña da M35, Emilio García da SD Compostela na M45, Iago Pereira da Ximnástica na absoluta e Carolina Santos, do Ría de Ferrol, na Sub18.

Entre atletas internacionais estará Uxía Pérez, o Atletismo Feminino Celta, e Sandra Mosquera, do Comesaña. Tamén estará nas Pontes o campión galego dos 1.500 metros en pista cuberta, Pablo Bocelo da Ximnástica, e o medallista de bronce, Jorge Puig, do Atletismo Santiago. Pechan as participacións destacadas Ricardo Negrete do Atletismo Ferrol, Iván Rego do Lucus e Alejandra Formoso na Triki Team, ademais de Zelinda Spencer, Inés Papín, Soledad Castro, Xosé Luís Otero e Elvira Tresguerras.