Skip to main content
As Pontes

As Pontes presenta o proxecto de reforma do mercado municipal

Por 23 Marzo, 2023Marzo 24th, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes ten previsto reformar o mercado municipal e a súa contorna, un proxecto, cun orzamento aproximado de 1,5 millóns de euros, que ten como obxectivos prioritarios urbanizar e dotar de utilidade á contorna do mercado, tras o demolición do vello mercado, creando unha nova zona comercial e de lecer cuberta.

Elena López, concelleira de Comercio, apunta que “a través desta intervención, que responde a unha demanda da veciñanza e do tecido comercial, hostaleiro e cultural da vila Crearemos unha ampla superficie exterior cuberta que servirá de escenario para diferentes eventos de carácter público, tanto promovidos polo Concello como polo mercado ou polo sector comercial e gastronómico da vila ou pola propia da veciñanza. Aproveitaremos esta actuación para acondicionar tamén o interior do mercado municipal e crear un novo acceso ao mesmo.”

O proxecto, co que o Concello das Pontes concorrerá á subvención de Mercados Sostibles do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para acadar financiamento, é froito as achegas realizadas polos parceiros e parceiras, polas persoas vendedoras do mercado, as persoas usuarias da instalación municipal así como asociacións locais vinculadas ao sector comercial e hostaleira que “avaliaron as necesidades, tanto do mercado como das feiras así como a oportunidade do aproveitamento do espazo resultante do derrubamento do vello mercado, achegando tamén propostas, novos usos e aproveitamentos do mercado e dun novo espazo.”

Así, entre os traballos previstos atópase o acondicionamento, tanto a fachada oeste como a fachada exterior do mercado municipal e levarase a cabo unha pequena ampliación do edificio, polo extremo oeste, a fin de habilitar un novo acceso á instalación municipal que permitirá introducir novos servizos e habilitar un novo espacio exterior.

Actuarase tamén na zona de carga e descarga, para lograr unha correcta definición de zonas e usos e unha mellor relación entre os tránsitos de carga e descarga e os fluxos de acceso ao edificio, quedando a zona illada dos novos espazos, permitindo un uso independente dos mesmos.

Aproveitarase a intervención no mercado para realizar pequenas melloras nos acabados así como no acondicionamento e na imaxe do espazo da planta baixa, retirando elementos de mobiliario existentes, desmontando revestimentos tanto no exterior como no interior e acondicionando a zona de aseos.

En relación aos traballos previsto na contorna do mercado municipal, actuarase no solar de Don Pedro e no espazo libre que resultará da demolición do mercado vello para creación dunha zona exterior, cuberta e diáfana, a través dun elemento arquitectónico singular, de forma cilíndrica, integrado nunha pérgola, para crear un espazo luminoso, no que se diferenciarán zonas cubertas e descubertas, que permita crear un lugar de encontro e convivencia.

Este proxecto permitirá ademais a eliminación da barreira visual que nestes momentos supón o mercado mercado vello, promovendo a complementariedade da actividade do mercado, das actividades de lecer e hostaleiras que xa se desenvolven na zona cos usos que se lle poidan dar no futuro ao novo espacio.

“Estamos falando polo tanto, non da construción dun novo edificio, se non do aproveitamento do espazo evitando que volva a crearse unha barreira, dándolle continuidade ao parque municipal para que os espazo resultante poda ser aproveitado tanto para actividades que xa se desenvolven con éxito; como os mercados e as feiras, como outras actividades que se podan poñer en marcha.