Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acolle un campus formativo da Escola de Motociclismo de Girona

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes acollerá, a vindeira semana, un campus formativo da Escola Técnica de motociclismo de Girona.

A formación que comezará o día 3 de abril e finalizará o xoves, día 6 de abril, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adentrase no mundo da competición e adquirir coñecementos técnicos básicos sobre o motrosport na competición de motocicletas, tendo a posibilidade ademais de realizar prácticas reais no circuíto das Pontes, onde o alumnado poderá entender e empregar todos os coñecementos adquiridos.

As persoas participantes, que deberán ter un mínimo de 14 anos, tamén recibirán asesoramento personalizado para dar os seus primeiros pasos no mercado laboral da mecánica de competición e unha futura especialización.

Durante as mañás, en horario de 10:00 a 13:30 horas, o alumnado recibirá formación teórica para entender o funcionamento básico dos elementos dunha motocicleta así como o seu mantemento básico das motos e especialmente utilizando as motos utilizadas nas Copas ETG así como coñecer as diversas opcións de regulacións e posta a punto das motocicletas, aspectos relacionados coa telemetría, co banco de potencia e coa programación electrónica.

O alumnado tamén recibirá nocións básicas sobre a preparación de motores 2T y 4T e os elementos básicos que o compoñen: escape, acendido, compression, grados de distribución, momento de inercia. O campus inclúe un módulo dedicado ao factor humano e psicolóxico na competición e á preparación da competición a nivel mecánico e deportivo e achegaránse á regulamentación deportiva mediante a análise de diversos regulamentos deportivos.

A formación teórica completarase con prácticas na pista, en horario de tarde, con pilotos para a toma de datos e xestións de settings.