Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Convocada en Rábade para o mércores unha charla sobre acollemento

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

O vindeiro mércores 23 de marzo, as 17:00 no centro sociocultural de Rabade, a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, en colaboración co Concello de Rábade, terá lugar a charla Contigo florece, xerando cultura de acollemento, coa intención de dar información e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente,
das familias de acollida.

Dende este colectivo animan á veciñanza a achegar para poder informarse sobre esta medida tan descoñecida e tan necesaria para os menores que están sós.

Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar. Non fai falta ter intención de acoller a un/unha menor para informarse sobre o que significa o acollemento. Tamén é necesario para convivir co acollemento, para saber formar parte dunha sociedade diversa, con diferentes maneiras de ser familia.

“O descoñecemento fainos cometer erros e estes erros fan dano ó mais valioso que temos como sociedade, as nosas crianzas e as súas emocións.”

Resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal, ou neste enlace.