Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan en Rábade unha charla sobre cambio horario

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

No día no que se volve cambiar a hora, o centro sociocultural ofrece unha charla este sábado, 25 de marzo, co título Que pasa co cambio estacional de hora e fuso horario en España.

A ponencia estará a cargo de Jorge Mira, que é catedrático do departamento de física aplicada da USC e membro da comisión de expertos do Goberno de España para a cuestión horaria.

A conferencia terá lugar ás 21.00 horas.