O grupo Os pícaros de Lagoa representará este sábado en Riotorto, ás 18.00 horas, a obra teatral O Menciñeiro á forza, que terá lugar no centro sociocultural.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
