Skip to main content
Vilalba

Miñones destaca en Vilalba os preto de 7M€ de investimentos do Goberno no municipio

Por 1 Marzo, 2023Marzo 2nd, 2023Sin comentarios

O delegado felicita a alcaldesa, Elba Veleiro, pola consecución dunha axuda de medio millón de euros do Instituto para a Transición Xusta destinada a infraestruturas ambientais, sociais e dixitais.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou en Vilalba o compromiso do Goberno  de Pedro Sánchez cos concellos de Galicia que están inmersos no proceso de  transición xusta e resaltou que os investimentos estatais acadan actualmente preto de sete millóns de euros neste municipio de Lugo. O delegado felicitou a alcaldesa, Elba Veleiro, pola consecución dunha  axuda de preto de medio millón de euros (499.605,93€) para financiar infraestruturas ambientais, sociais e dixitais, que inclúe o arbolado urbano, na última convocatoria resolta polo Instituto para a Transición Xusta, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. José Miñones trasladoulle tamén á rexedora a oportunidade da vindeira convocatoria de 40 millóns de euros que o Goberno abrirá para proxectos empresariais enfocados a xerar emprego verde e de calidade en zonas afectadas polo peche de centrais térmicas.

Durante a súa visita, José Miñones supervisou en Vilalba o impacto das axudas do Plan de Recuperación acompañado pola subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez. O delegado reafirmou o compromiso municipalista do Goberno e a súa acción para atender o reto demográfico.

Vilaba é un dos 19 os concellos galegos incluídos nos protocolos de transición xusta, por estaren afectados polos procesos de peche de centrais térmicas (As Pontes e Meirama). O Instituto para a Transición Xusta vén de conceder 12,4 millóns de euros para impulsar 17 proxectos nestes municipios. José Miñones recalcou que esta acción na mellora de infraestructuras ambientais, sociais e dixitais, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O delegado incidiu tamén nos 111 millóns de euros que o Goberno transfire á Xunta de Galicia para financiar grandes proxectos empresariais igualmente enfocados ao proceso de transición xusta.

Sete millóns de euros de investimentos do Goberno en Vilalba

Respecto ao investimentos no Concello de Vilalba, ademáis dos preto de 500.000 euros do Instituto para a Transición Xusta, José Miñones destacou a importancia que ten para a veciñanza a mellora da conectividade, coa achega da fibra óptica a 4.200 vivendas e empresas vivendas e fogares do municipio grazas ao Plan ÚNICO-Banda Ancha, valorada en 1,1 millóns de euros. Tamén, o aforro que suporá para o Consistorio a mellora da eficiencia do alumeado público, con tres axudas por máis de 400.000 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

A estes investimentos súmanse os 900.000 euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que permiten rehabilitar a Casa Consistorial de Vilalba de xeito sostible, reducindo nun 80% o consumo de enerxía, no marco do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP).

Dentro da aposta pola sostibilidade, neste caso no eido turístico, resaltou o investimento de 1,1 millóns de euros para a reforma do Parador de Vilalba.  O Estado achega tamén 2,8 millóns de euros dentro do convenio coa Confederación Miño-Sil para mellorar o saneamento e a EDAR de Vilalba. “O Goberno é a administración que máis está a investir nos concellos de Galicia”, constatou o delegado.

José Miñones reivindicou a transición  coma un necesario cambio de paradigma, para impulsar o emprego verde e de calidade. “Impulsamos proxectos que mellorarán a calidade de vida da cidadanía destes municipios, mellorando servizos sociais, culturais e de emprendemento, e contribuíndo á mellora ambiental de zonas verdes e urbanas de distintas localidades”, destacou o delegado.

“Estamos apuntalando a revolución verde en Galicia e dando oportunidades reais de desenvolvemento e de emprego aos concellos que afrontan o cese de actividade das centrais térmicas”, manifestou o delegado.

O delegado lembrou que o Goberno puxo en marcha o pasado verán unha Oficina de Transición Xusta no centro de empresas Seara, nas Pontes, e que está xestionada por técnicos da empresa pública Tragsa. Esta oficina está a disposición dos 19 concellos con convenios de transición para perfilar as súas candidaturas e captar os máximos fondos posibles das distintas liñas de axudas e de apoio ao investimento produtivo nestes territorios.