Skip to main content
Vilalba

Convocan a Festa da Xuventude das Aldeas na parroquia de Torre

Por 8 Marzo, 2023Sin comentarios

As localidades vilalbesas de Alba, Boizán, Insua e Torre celebran nesta última a IV edición da Festa da Xuventude das Aldeas, este sábado, 11 de marzo.

A celebración dará comezo ás 11.00 horas coa sesión vermú, que estará ao cargo do dúo Venus. A continuación haberá unha comida campestre con base de empanada de xamón, camón cocido, polbo, churrasco mixto, bebida, postre e café, servido por Hermanos Debasa. O prezo será de 30 euros para adultos e nenos maiores de 10 anos. O que teñan entre 5 e 10 anos pagarán 15 euros.

Ademais, está prevista unha cea con paella de menú a un prezo de 15 euros.

Pola noite a verbena estará ao cargo do dúo Venus e do dúo Eclipse.

A organización lembra que a data límite para notarse á comida é o 7 de marzo e que o campo da festa estará cuberto con carpa e calefacción.