Skip to main content
Vilalba

O Iescha continúa co seu ciclo de mulleres galegas cunha charla de Vanesa Siso

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 10 de marzo de 2023, na casa da cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a conferencia A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral, impartida por Vanesa Siso.

Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. Esta será a segunda conferencia correspondente ao ciclo Mulleres Galegas, programado polo Iescha para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de Germán Castro, que falou da científica galega Ángeles Alvariño.

Vanesa Rut Siso Calvo é xornalista especializada en comunicación política e social e técnica de igualdade.