Skip to main content
Vilalba

O Iescha organiza unha ruta cultural por Padrón, Dodro e Rianxo

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

O Iescha organiza a VIII Ruta Cultural polas terras de Padrón, Dodro e Rianxo, prevista para o domingo 26 de marzo de 2023 e con saída de Vilalba, dende a casa da cultura, ás 9:00 horas.

Unha vez en Padrán, darase comezo á visita á casa de Rosalía, onde poderase desfrutar das explicacións de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Unha vez rematada esta visita, visitarán Dodro, onde poderán contemplar os hórreos de Imo contando coa presenza dalgún representante cultural da vila.

A continuación, seguirán viaxe ata Rianxo, onde terá lugar o xantar na parrillada Ourense. Despois, visitarán a Casa Museo de Manuel Antonio e as casas do Remo en Rianxo para o que contarán coa participación de Carlos Henrique Fernádnez Coto, arquitecto, director da oficina de rehabilitación de Rianxo e presidente da Asociacion para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego. Rematada a visita, regresarán a Vilalba.

A cota que haberá que pagar será de 25 € por adulto. Os menores, acompañados, aboarán a cantidade de 5 €. No prezo vai incluída a comida, o autobús e a entrada á casa de Rosalía.

Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 22 de marzo, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ou ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.