Skip to main content
Vilalba

Goiriz acolle unha charla sobre cardioloxía

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O venres 17 de marzo terá lugar na escola de Goiriz unha charla-coloquio co cardiólogo Plácido Orosa a partir das 18.00 horas.

Trátase dunha sesión organizada pola veciñanza local con este especialista en Cardioloxía que falará sobre insuficiencia cardiaca, hipertensión arterial, colesterol, infarto, anxina de peito e trastornos do ritmo cardíaco, ademais de respostar todas as preguntas que se lle plantexen.