Skip to main content
Vilalba

Repartirán en Vilalba material contra a vespa velutina

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba repartirá este venres, 17 de marzo, material para a loita contra a vespa velutina. O goberno local proporcionará ditos materiais en colaboración coa asociación de apicultores Serra da Carba.

O reparto levarase a cabo ata agotar existencias no Concello de Vilalba o venres en horario de 18:30 a 21:00 horas.

O Goberno local pretende con esta nova campaña continuar a loita contra esta praga. De feito, coas campañas anteriores reduciuse considerablemente a presenza de velutina en Vilalba, grazas a un importante traballo de trampeo e retirada de niños.

Os datos indican que se está na boa dirección e que a colaboración entre a Asociación de Apicultores, a veciñanza e o Concello de Vilalba debe continuar para seguir progresando no control da vespa asiática.