Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba recibe a alumnos e profesores do IES Lois Peña Novo

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba recibiu a visita do alumnado e dos profesores e profesoras do Ciclo de Formación en Atención Sociosanitaria do IES Lois Peña Novo.

A alcaldesa Elba Veleiro foi a encargada de guialos neste encontro no que os responsables dos Servizos Sociais no Concello, os Traballadores Sociais, a Psicóloga e a Orientadora Familiar, lles explicaron aos estudantes o tipo de procedementos e recursos que tramitan para a veciñanza da vila.

O SAF, o CIM, a Escola Infantil Municipal, o Servizo de Madrugadores, o do Comedor Escolar para a Educación Infantil ou a Atención Temperá son algunhas das prestacións coas que conta o Concello de Vilalba e que esta mañá xurdiron no debate cos alumnos e alumnas do IES Lois Peña.

“Para o Concello de Vilalba son prioritarios este tipo de servizos porque son os que afectan de forma máis directa ao benestar das persoas e das familias de Vilalba. Que os nosos mozos e mozas se interesen polo traballo que facemos, que o saiban por en valor e mesmo queiran nun futuro formar parte del é unha gran noticia, polo que agradecemos a visita do alumnado do IES Lois Pena Novo”, subliña Elba Veleiro.