Skip to main content
Vilalba

Nete celebra as súas festas patronais a fin de semana

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Nete festexa esta fin de semana, 1 e 2 de abril, as festas na honra a San Benito e San Antón.

O programa contará con misa solemne desde as 13.30 horas, procesión e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo de Salsarena. Pola noite volverá Salsarena e tamén Favorita para animar a verbena.

O domingo repetirá o oficio relixioso e a sesión vermú estará ao cargo de Mextura de Nete e Mar de Arousa, coa que se dará por finalizada a sesión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.