Skip to main content
Vilalba

Vilalba renovará varias vías nas parroquias de Oleiros, Goiriz e Sancovade

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba realizará obras de mantemento e renovación de varios viais municipais de acceso nos barrios de Liñares, Gardamil e Cabanas, na parroquia de Oleiros; en Fabás, Goiriz, e Barbeitas, en Sancovade.

En todos os casos, o Concello acomete a limpeza  e colocación dun novo asfalto reforzado, ademais da correcta sinalización dunhas vías que soportan un importante fluxo de circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo dentro do municipio.

O orzamento previsto destas actuacións é de 141.858 euros, con cargo aos fondos de Agader.

“Continuamos co proceso de renovación da rede de estradas e camiños de titularidade municipal, con obras en todas as parroquias”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.