Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitirizVilalba

As chairegas xuvenís Yanira Guizán e Aroa Rodríguez, convocadas coa Selección Española sub 17

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

Tres xogadoras galegas de fútbol sala estarán coa Selección Española. A porteira Yanira Guizán (EDM Concello de Guitiriz) e as xogadoras Aroa Rodríguez (Vilalba FS) e Carla Martínez (Viaxes Amarelle FSF) recibiron a chamada do combinado nacional da categoría sub 17 para participar na próxima concentración.

A seleccionadora Clàudia Pons fixo oficial esta lista de convocadas para a concentración da selección sub 17 feminina que levará a cabo do 2 ao 6 de abril en Boticas (Portugal). Alí, España enfrontarase á selección lusa os días 4 e 5 de abril.

Yanira Guizán e Aroa Rodríguez disputaron esta mesma tempada o Campionato de España de Seleccións Autonómicas coa Selección Galega sub 19, mentres que Carla non puido asistir ao estar mancada.