Skip to main content
Vilalba

Presentación en Vilalba dun estudo sobre a historia da cerámica romana

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

Este venres, 31 de marzo, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro Cerámica común en la Gallaecia romana: Estudio y sistematización crono-tipológica basada en tres yacimientos del área de Lugo, publicado por British Archaeological Reports e do que é autora a Dra. Sara Barbazán Domínguez.

Ademáis dela, participarán no acto tamén Ángel Villa Valdés, representante do Museo Arqueolóxico de Asturias, e Eduardo Ramil Rego, da Universidade de León.

O acto está organizado pola Asociación de Amigos do Museo de Vilalba (Mupav).