Skip to main content
Xermade

Roteiros da Carba fai un roteiro mañá por San Xosé de Reguengo

Por 17 Marzo, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Roteiros da Carba organiza unha ruta a San Xosé de Reguengo este sábado, 18 de marzo.

A saída está prevista para as 10.00 horas desde o ascensor situado diante do forno da Reitoral de Santa María de Xermade.

Durante o paseo farase unh treito polo Camiño dos Arrieiros e unha visita á casa consistorial fundacional do Concello, que conta con máis de 182 anos de historia.

A continuación visitarase o territorio de Realengo ata a capela de San Xosé e a Sagrada Familia, para rematar a ruta ás 13.00 horas.

En total faranse 9 quilómetros con comida no Reguengo durante a festa. Interesados en anotarse deben facelo por whasapp no teléfono 696 097 518 ou no correo roteirosdacarba@hotmail.com.