Skip to main content
Xermade

A asociación de Cabreiros organiza catro rutas pola provincia

Por 29 Marzo, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños de Cabreiros convocou para o mes de abril e primeira semana de maio catro rutas de sendeirismo, que terán lugar os sábados e domingos comezando o 1 de abril pola comarca da Mariña.

A primeira será a Transcantrábrica, entre a praia das Catedrais e Foz. Trátase dun percorrido de 21 quilómetros de baixa dificultade, que visita fermosas praias ata chegar á desembocadura do río Masma, unha Zona Especial de Conservación.

A seguinte será o día 15 de abril pola mesma ruta pero avanzando na mesma, para facer de Foz a Burela, que tamén conta con 20 quilómetros pero é de dificultade media. Alterna o roteiro as praias e os restos de antigos asentamentos, a igrexs de San Pedro e unha moreira co título de árbore singular.

Continuarán os percorridos o 23 de abril polo tramo Burela-Praia de Lago. So 19 quilómetros con dificultade media tamén que visitan as praias máis emblemáticas da zona, ademais de outras obras da arquitectura ata o faro de punta Atalaia e San Ciprián.

A última das rutas será o 7 de maio e concluirá cun percorrido pola ruta das minas da Pontenova. Roteiro circular de 12 quilómetros de dificultade media que visita galerías antigas das minas cun percorrido paralelo ao río Turia.

As persoas que desexen inscribirse nas rutas poden facelo chamando aos teléfonos 619 547 072 ou 686 104 780.