Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Xa hai data para unha das principais citas de Alfoz, a Festa dos Chóferes

Por 11 Abril, 2023Xullo 19th, 2023Sin comentarios

Alfoz volverá contar este verán cunha das súas principais citas, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos de todo tipo para recibir as bendicións dos párrocos.

A cita terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo e aínda que o programa de festas non está confirmado, noutras ocasións houbo un festival de música vocal, unha festa adicada á xuventude, unha gran sardiñada, xogos populares para os nenos, e un triangular de fútbol.

O que si se sabe e que contará por suposto coa procesión dos coches polas parroquias do concello para asistir á misa solemne, trala que o párroco bendecirá os automóbiles desprazados.