Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

A Asociación Mira e Anda organiza a X Xuntanza de Clásicos de Mondoñedo

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

Mondoñedo acolle una nova edición da Xuntanza de Clásicos que chega a súa décima reunión. Esta cita será o sábado 17 de xuño previsiblemente na praza da Catedral aínda que a organización non deu máis información polo momento.

A organización avanzou o programa que comezará ás 10.00 horas coa recepción e inscrición de vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteos de agasallos. Xa ás 11.00 horas haberá uns pinchos e ás 12.00 comezará a ruta. Máis tarde será o xantar e ao finalizar a entrega de premios e agasallos.

Para anotarse haberá que chamar ao 629 808 751 ou 636 496 439. Esta organizado pola Asociación de Clásicos Mindoniense Mira e anda en colaboración do Concello de Mondoñedo.