Skip to main content
Colaboracións AMARIÑAXA

A ermida de San Xoán Bautista de Foz

Por 7 Abril, 2023Sin comentarios

X. Isidro Fernández

Na freguesía de Santiago de Foz a vinte e seis días do mes de abril do ano mil seiscentos oitenta e cinco, ante o escribano compareceu o Lic. Domingo López Pardo cura de Santiago de Foz e Juan Ramos das Casas e Catalina Vizosa a súa dona e María Vázquez de lobera muller de Juan Ramos, este difunto, veciños de dita freguesía compareceron ante el dicindo que Juan Ramos e a dita María Vázquez pais do dito Juan Ramos tiveron e teñen a vontade “gran celo e devoción” de fundar e facer a costa dos seus propios bens unha ermida da advocación do glorioso San Xoán Bautista no lugar que se chama a Penela. … onde viviu Juan Ramos, xa difunto, e pai do dito. E por iso o fillo e a súa viúva pediron licencia e consentimento a dito crego e veciños de dita freguesía quenes previa reunión, consentían e daban licencia a dito Juan Ramos das Casas, a súa muller e a súa nai, de facer unha ermida e capela nesta dita freguesía no lugar que se chama a penela onde viven que é cerca do lugar dos casas pola súa devoción, honra e reverencia de Deus e da Virxe Santísima nosa Señora e conmemoración e referencia do glorioso Señor San Xoán Bautista “cuia imagen y más prehechos de altar, cáliz, casulla, alba y frontal y más cosas para la celebración del Santísimo Sacrificio de la misa necesarias” e dita ermida e para que todo isto este sempre coa decencia, veneración e reverencia e adorno e que sexa todo isto permanente para sempre xamais e que aiga renda e posible para reparar a dita ermida y más ornamentos que en ela sexan necesarios.
Juan Ramos a súa dona e María Vazquez agregáronlle a dita ermida para os seus reparos e de todos os ornamentos os bens e facenda seguinte:
“La casa y lugar que llamna de fonte sita en esta aldea de Marzan con su cortina qe llevara de sembradura una anega de pan poco más o menos con su guerta, casa, bodega y corrales, segun qe todo testa por una parte en heredad y cortiña de Juan Pérez da Fonte y por las demás partes alderredor en el camino publico q. ba de dha Aldea a la de Foz con sus plazas y arboles les toca y pertenezce de fecho y de drco. Con sus entradas y salidas, usos y costumbres, drcos y servidumbres, para que todos los dhos bienes desde aquí adelante esten agregados e incorporados a dha capilla y no se puedan vender trocar ni enagenar e manera alguna…”.

María Vázquez, Juan Ramos e a súa muller dixeron que, situaron, impuxeron e fundaron dúas misas a unha cantada e a outra rezada que se han de dicir e se digan cada ano no día do Glorioso Sr. San Juan de cada un que é a vinte e sete días do mes de nadal perpetuamente, as cales se han de dicir e digan por dito Juan Ramos e mais fundadores, os seus pais e polas animas do purgatorio dos seus deudos e parentes e mais almas da súa obrigación…
O Lic. Domingo pardo cura da freguesía de Santiago de Foz certificou: como Juan Ramos das casas, o seu feligrés que pola súa devoción quere fundar e facer a costa dos seus propios bens unha ermida da advocación do Glorioso Sr. San Juan Baptista no lugar que se chama “La Penela” onde vive que é cerca do lugar de casas en dita freguesía e en facerse e fundarse dita ermida non é en prexuízo do dereito Parroquial, antes é en utilidade dos feligreses de dita freguesía por non haber nela ermida algunha mais de unha vocación de San Brais no lugar de Vilaxuane. Esta firmado en Foz o vinte e seis de abril de mil seis centos oitenta e cinco.

A fundación foi aprobada en Mondoñedo polo Lic. Don Lope de Salazar e Saavedra Arcediano de Trasancos dignidade e cóengo da Catedral de Mondoñedo, como vicario Xeneral dela e o seu bispado.

“dava y dio licenzía a los dhos Juan Ramos para que sin incurrir en pena alguna puedan hacer y hagan y edifiquen la dha ermita asta fenecer y acavarla y estando fenecida, cubierta, puesto retablo, imagenes frontal ornato y más aseo necesario para que en ella se pueda celebrar el Santo Sacrificio de la misa..”
Nun informe que fai o crego Don Balthesar Nicolás Silva e Pardo con data 23 de nadal de 1817 di:
“La otra capilla dedicada a San Juan Evangelista en el barrio de Marzan de que tampoco ay razón en los libros parroquiales, la fundaron un tal Ramos, tiene misa cantada, el día de dho Patrono; pero por no estar dotada sino con qtro vienes no se celebra y le da este estip.º Y otras rezadas qe las mande a la colecta y esto esta a disposición de Dn Josef Díaz de Cancio que corre con dha capilla”