Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O Festival Bal y Gay consegue un premio Rodolfo Prada 2023

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

A Deputación de Ourense fixo pública a decisión do xurado encargado de conceder os premios Rodolfo Prada 2023 á xestión cultural e no que o festival de música clásica Bal y Gay recibiu un galardón.

Unha das innovacións desta convocatoria foi a referida á concesión dun premio por cada unha das provincias galegas. Así, o festival de música clásica Bal y Gay foi o escollido na provincia lucense, no caso da Coruña foi Abanea, Cantigas Transhumantes en Pontevedra e A Arca da Noe en Ourense.

A entrega de premios será o venres 21 de abril no centro Marcos Vañcárcel de Ourense.