Skip to main content

Nos comicios de maio votarase polo Goberno local onde está censado e o voto repercutirá na composición do organismo provincial.

A provincia prepárase para celebrar de novo as eleccións municipais, uns comicios que nos ofrecerán unha renovación dos equipos de goberno á fronte das alcaldías. Pero, ademais, co seus votos, os lugueses tamén escollen a composición da Deputación Provincial, aínda que isto se fai de maneira indirecta, xa que o veciño non vota directamente a un deputado dun partido ou doutro pero si a cor política do voto implicará que o electo sexa dun partido ou doutro.

Actualmente, a provincia está dividida en sete partidos xudiciais ou xuntas electorais que aportan un número de deputados diferente, xa que a poboación é tamén moi distinta.

Así, o máis numeroso é o partido xudicial de Lugo, ou zona centro. O peso poboacional de Lugo lévao a capital e de aí saen 12 deputados, case a metade dos elixibles, que son 25. Ademais da capital súmanse neste grupo os votos dos concellos da contorna, parte da montaña e da comarca sarriá.

A seguinte xunta electoral por tamaño é a de Mondoñedo, onde están incluídos os concellos da Mariña. Elixe seis deputados.

Despois tres xuntas electorais contan con dous deputados cada unha. Son as de Monforte (concellos da Ribeira Sacra e o Courel), Chantada (que engloba a zona da Ulloa) e Vilalba (cos da Terra Chá).

Finalmente, queda un deputado no tinteiro, o que sae dos concellos da zona da Fonsagrada e Ancares e que moitas veces é o que marca a cor política que goberna na Deputación xa que a igualdade foi máxima nos últimos comicios no resto. O pacto entre PSOE e BNG levouse pola mínima diferenza o Goberno da Deputación no 2015 e no 2019 aínda que é o PP o que tivo o maior número de deputados nas dúas ocasións.

Unha vez constituídos todos os concellos, os escanos das deputacións provinciais repártense, por cada partido xudicial, segundo a fórmula D’Hondt, entre aqueles partidos que obtiveron algún concelleiro en cada partido xudicial e segundo o número de votos conseguidos por cada un deles. Os deputados provinciais que corresponden a cada partido político son elixidos, a nivel de partido xudicial, entre e polos concelleiros de cada un deles, que pertencen aos municipios que comprende cada zona.  Tradicionalmente os deputados están divididos a partes iguais en Chantada, Monforte e Vilalba. A representación nacionalista súmase desde os partidos xudiciais máis numerosos (Lugo e Mondoñedo).

Nas últimas eleccións, na de Lugo, 6 dos deputados foron do PP, 4 do PSOE e 2 do BNG. Na Mariña tamén tivo o PP 3, 2 o PSOE e 1 o BNG, polo tanto foi o voto socialista da Fonsagrada o que rompeu o empate.

REPARTO POR CONCELLOS

  • Chantada (2 deputados) Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, e Taboada.
  • Fonsagrada (1 deputado) Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
  • Lugo (12 deputados) Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Friol, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, As Nogais, Outeiro de Rei, Paradela, O Páramo, Pol, Pedrafita, Rábade, Samos, Sarria e Triacastela,
  • Mondoñedo (6 deputados) Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove
  • Monforte (2 deputados) A Pobra de Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Vilalba (2 deputados) Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

Chantada

  • Pilar García Porto. PSOE
  • Pablo José Taboada Camoira. PP

Lugo

  • José Luis Raposo Magdalena. PSOE
  • Xosé María Arias Fernández. PSOE
  • Pablo Rivera Capón. PSOE
  • Ana González Abelleira. PSOE
  • Maite Ferreiro Tallón. BNG
  • Efrén Castro Caloto. BNG
  • Jesús Manuel Núñez Díaz. PP
  • Francisco Javier Balado Teijeiro. PP
  • José Pardo Lombao. PP
  • José Fernández Vázquez. PP
  • José Ángel Santos Sánchez. PP
  • Oscar Poy Franco. PP

DEPUTADOS ACTUAIS

Fonsagrada

  • Roberto Fernández Rico. PSOE

Mondoñedo

  • Mayra García Bermúdez. PSOE
  • María Loureiro García. PSOE
  • Mónica Freire Rancaño. BNG
  • Javier Jorge Castiñeira. PP
  • José Manuel Gómez Puente. PP
  • Jesús Novo Martínez. PP

Monforte

  • José Tomé Roca. PSOE
  • Lola Castro Ochoa. PP

Vilalba

  • Roberto García Pernas. PSOE
  • Xosé María Teixido Núñez. PP

A comarca ultima os candidatos

Na Pontenova o PSOE volverá a confiar no rexedor Darío Campos trala súa xestión nestes catro anos, e no PP, Concepción Novo, técnica de raios, será a alcaldable para estes comicios. Pola contra o BNG decidiu propoñer como cabeza de lista a Xorxe Gómez Rico, que rexenta un negocio de perruquería na vila.

No veciño concello de Alfoz, Jorge Val repetirá como candidato socialista; Xabier Pardiñas, encabezará a lista de Vía Alfoz, e Juanjo Fraga, enxeñeiro agrícola, a do PP.

En Barreiros, Ana Ermida, actual alcaldesa do BNG encabezará a candidatura, ao igual que Carmen Veiga polo PSOE. Haberá unha nova cara a do enfermeiro do Partido Popular, José Manuel Gómez Puente.

En Burela Manuel Rouco é de novo o candidato no que confían os populares para loitar polo bastón de mando fronte a Carmela López, que é a primeira muller candidata do Partido Socialista ás eleccións municipais; Mario Pillado do BNG e Alberto Eiroa, de Son Burela.

Xa en Cervo repetirá como alcaldable popular o actual rexedor, Alfonso Villares, fronte a Diego Fernández, do BNG, e a nova cara do PSOE na vila, María Luján Ramós.

En Foz, o tamén alcalde socialista Fran Cajoto, será o cabeza de lista, fronte ao popular e deputado provincial, Javier Castiñeira, e ao nacionalista Francisco Fanego.

En Lourenzá haberá unha cara nova, a de Roberto Díaz Expósito, e volverá repetir Rocío López, actual rexedora local polo PSOE, e a do BNG, Belén Fanego.

No relativo a Mondoñedo, Manuel Otero, que é o alcalde desde o 2020 trala renuncia de Elena Candia, será o candidato para as vindeiras eleccións. Nas filas socialistas Esperanza González repetirá como candidata xunto con Eloi Cabanas, do BNG.

No Valadouro, a candidatura socialista será a do actual alcalde, Edmundo Maseda. Nas filas do PP será José Manuel Lamela, e polo BNG será de novo a quenda de Eduardo Chao.

No Vicedo, o Partido Popular renova candidato, Jesús Novo, é nesta ocasión haberá unha cara nova para os socialistas, a avogada e ex concelleira, María Pérez.

No concello de Ourol os candidatos de fai catro ano volverán repetir. Así o popular, José Hermida, intentará acadar a Alcaldía de José Luis Pajón, do PSOE.

En Ribadeo, cuxo actual alcalde, Fernando Suárez Barcia, non se presentará, o candidato do BNG será Pablo Vizoso, que conta con experiencia como concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo. Na outra parte, os do PP volven confiar en Daniel Vega para intentar recuperar a Alcaldía, e os do PSOE presentan de novo a Marta Rey.

En Riotorto o candidato socialista será o empresario Víctor González, que loitará polo bastón de mando contra o actual alcalde popular Clemente Iglesias.

A dirección provincial do PP volverá confiar para o concello de Trabada, en José María Fernández. E repetirá candidatura a actual rexedora Mayra García Bermúdez.

En Viveiro a profesora Mariña Gueimunde, será a nova cabeza de lista do PP, mentres que no resto dos partidos repetirán candidatos como son María Loureiro polo PSOE e actual alcaldesa; Bernardo Fraga, de Por Viveiro; e Miriam Bermúdez do BNG.

Podemos tamén anunciou a súa lista lista para as eleccións municipais en Viveiro, que estará encabezada por Roberto Yáñez.

No concello de Xove, onde o Partido Popular goberna, Demetrio Salgueiro será de novo o candidato. Pola contra, o BNG estará representado na nova candidata Pilar Vázquez, e o PSOE por Rogelia Mariña Pernas.

A comarca conta con partidos independientes e nos que aínda non se coñecen os candidatos como son Udival, Foz Plataforma de Futuro, Son Viveiro, Burela Sempre.