Skip to main content
A PontenovaDeportes AMARIÑAXA

O Pontenova xa é de Primeira xuvenil tras gañar ao Rácing Vilalbés B

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

O Pontenova xa é de Primeira xuvenil tras gañar ao Rácing Vilalbés B no estadio Roca nun partido no que ademais tiveron á sorte do seu lado.

Tralo asubío inicial no estadio Roca cunha bancada chea de marea pontenovesa e saque a favor dos chairegos, o Rácing meteu presión, pero atopouse con tres grandes intervencións de Paulo, o gardameta pontenovés. A partir de aí e ata o descanso os locais baixaron o ritmo e as ocasións foron alternas pero sen perigo claro.

Tralo descanso tentaron apretar os de Borja Bouza pero atopáronse cunha sólida defensa comandada polo cadete David Ginzo. Aos dez minutos da segunda parte en xogada a balón parado marcou Hugo, dando sentenza a unha eliminatoria que vinte minutos máis tarde daba o seu remate final con gol de novo por Hugo.