Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

A IX Carreira Popular das Praias comezará mañá, venres 7, coas carreiras infantís

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

A IX  Carreira Popular das Praias comezará mañá venres 7 de abril ás 11.00 horas coas carreiras infantís na praia de Altar e, a mesma hora, terá lugar a saída da andaina dende a praia de Arealonga a cal percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense.

Ás 12.00 horas, tamén desde a praia de Arealonga, darase a saída da carreira absoluta na cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area mollada e paseo marítimo ata chegar a praia de Altar onde estará situada a meta.

A Carreira popular das praias está incluída no circuíto de carreiras populares +KmBarreiros, organizado polo Concello de Barreiros e que este ano celebra a súa segunda edición. A Carreira das praias é a segunda proba do mesmo, xa que en nadal celebrouse a Carreira popular de Reis, dando paso á proba deste venres, a Carreira Popular das Praias, á cal seguirán a ½km vertical Monte Comado o 23 de xullo, a Benquerencia Terra Mar o 6 de agosto, o Trail Monte Comado para o 15 de outubro e a Carreira Ao Son do Masma para o 12 de novembro.

Toda a información  das probas enmarcadas no circuíto +kmsBarreiros pode verse na páxina web.