Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

O encoro de Río Cobo acollerá o sábado a primeira regata da Copa Deputación de Piragüismo

Por 25 Abril, 2023Sin comentarios

O encoro de Río Cobo acollerá este próximo sábado, 29 de abril, a primeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, xunto ao responsable da sección de piragüismo, Iván González, e o adestrador, Alejandro Gómez, presentaron a proba, no propio escenario onde se desenvolverá esta competición que marcará o inicio da Copa, e que arrincará ás 10:00 horas.

Na  proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

Ao remate da competición, o club anfitrión como novidade organizou unha regata amigable nas categorías sénior e veteranos.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1; e especialmente aos representantes do Club Local; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.