Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

As Guerreiras Laranxas conseguen a súa sexta Copa da Raíña

Por 30 Abril, 2023Sin comentarios
O polideportivo Rey Felipe VI de Boadilla del Monte acolleu a final da Copa de S.M. a Raíña, no que as Guerreiras Laranxas impuxéronse 3-2 ao STV Roldán. Así o Burela FS proclamouse o equipo campión da Copa da Raíña por sexta vez, a quinta consecutiva.

Un Julio Delgado moi orgulloso do seu equipo, valora o encontro como “un partido moi serio” no que “fixeron maxia”.

O partido comezou moi igualado ata que un bo pase de Peque a Patricia  fixo que as laranxas abriran o marcador no minuto 6. Este gol serviu para tranquilizalas e forzar ocasións moi claras de gol.

Xa na segunda parte,  un disparo de Antía que rebotou en Patricia, convertiuse no 2-0. No minuto 14 o Roldán meteuse no partido cun gol de Laura mediante un pase fallido desde o seu campo,  e que Emilly e Jozi non puideron evitar.

O 3-1 chegou cunha parede entre Peque e Irene que a exxogadora do Alcorcón materializou con moita calidade. Máis tarde Dani fixo un gol en propia porta o que subiu o marcador do Roldán 3-2.

José Miguel Monje, presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, e Rafa Louzan, presidente da Federación Galega, fixeron a entrega do trofeo de campionas a Peque, capitana das burelás.