Skip to main content
Alfoz

Alfoz convoca o certame de narración e debuxo das Letras Galegas 2023

Por 29 Abril, 2023Abril 30th, 2023Sin comentarios

Un ano máis, todos os nenos e nenas que queiran poden participar no concurso de narración e debuxo organizado para celebrar as Letras Galegas a través da Biblioteca Pública de Alfoz e os gañadores/as da fase local participarán a nivel provincial na Biblioteca Pública de Lugo.

Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello , haberá dúas modalidades, Narracións e Debuxos.

As Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou traballar nunha biblioteca.

A outra modalidade do certame serán os debuxos, feitos sobre papel ou cartulina DIN A4, sobre o tema proposto anteriormente: Libros para xogar, libros para vivir.

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo acompañarase unha folla co nome e apelidos e datos do autor ou autora.

Establécense tres categorías para participar: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro martes 16 de maio ás 20 horas, debendo ser entregados polos seus autores na biblioteca.

O xurado , seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os traballos premiados nesta fase Local do certame participarán na fase provincial convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formacion Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.