Skip to main content
Burela

O BNG de Burela insta aos grupos políticos á celebración dun debate electoral

Por 1 Abril, 2023Sin comentarios

Aproveitando a celebración do último Pleno ordinario deste mandato, previo ás eleccións municipais de maio o grupo municipal do BNG, mediante o seu voceiro, Mario Pillado Mon propón “a celebración dun debate electoral público, o debate que a veciñanza de Burela merece, despois de dúas citas electorais sen que se producira tal iniciativa”.

Continuou Pillado sinalando que “debido a falta de compromiso dos candidatos en Burela nunca se levou a cabo un coloquio deste tipo, algo que nos cremos é unha anomalía democrática, sobre todo, se comparamos cos concellos veciños”.

Según o nacionalista, “neste sentido cremos que as organizacións deben cambiar a súa actitude ata o de agora neste sentido e favorecer que o debate se produza, posto que pola nosa parte a dispoñibilidade sempre foi total pero tanto en 2015 como en 2019 foi imposible que se levara a cabo”.

O portavoz do Bloque, Mario Pillado, insistiu en que “sexa iniciativa municipal ou dun medio de comunicación para nós é vital que tal cita se celebre e instamos a tódolxs candidatxs a participar para que cadaquén mostre á veciñanza o seu proxecto e as súas propostas”.

Para finalizar, Mario Pillado, voceiro do BNG, explicou “semella dificil de explicar que en 2023 teñamos que facer este tipo de proposta porque nas anteriores citas non se deu, pero esa é unha parte do cambio que temos que dar ó noso concello, pode ser a primeira pedra dun futuro esperanzador para Burela”.